jueves, 22 de noviembre de 2012

ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA

Son territorios establecidos pola lei que pretenden favorecer a conservación da natureza, pola súa singularidade desde o punto de vista natural; ás veces mantéñense algunhas actividades humanas sen alterar o medio.
Segundo o nivel de protección existe diferentes categorias internacionais de conservación.
En Galicia temos 17  espazos naturais protexidos.


  1. PARQUE NACIONAL MARÍTIMO E TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Comprende as Illas galegas de : Cies, Ons, Cortegada e Sálvora.
Salientan a flora e a fauna mariñas.
En Cortegada existe un dos maiores bosques de loureiro de Europa.

<iframe width="420" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/qhadMA23Qg8" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>




Situado no Suroeste da provincia de Ourense.
A vexetación está formada por carballos, castiñeiros,sobreiras, madroños e piñeiros silvestres, fundamentalmente.
Na fauna salientan a vívora , o lobo , a aguia rateira, coellos, corzos e xabaris.



miércoles, 21 de noviembre de 2012

OS BOSQUES GALEGOS

De non mediar a man do home a formación vexetal típica da moair parte do territorio galego teria que ser:

  •  o bosque atlántico, constituido por árbores de folla caediza e ancha, principalmente carballos, con abondosas matogueiras.
  • nas zonas de clima mediterráneo, máis secas, os bosques de sobreiras, aciñeiras e rebolos.
O bosque galego autóctono formouse hai uns 10.000 anos, aparecendo as bidueiras, abelairas e carballos. 
Os castiñeiros foron  difundidos polos romanos hai 2000 anos, inda que xa existiran algún exemplares no noso país.
Pero desde o primeiro momento da aparición do home os bosques galegos comezan xa a súa decadencia debido á explotación intensiva dos bosques desde a Prehistoria para o desenvolvemento da agricultura e a gandería.
Na Idade Media intensifícase a explotación destes bosques para obter madeira e carbón, destrución que foi avanzando a medida que as necesidades enerxéticas e de terras para o cultivo aumentaron.
Pero foi a introdución e posterior difusión do piñeiro desde hai 200 anos e do euclaipto, hai a penas 100 anos os que provocaron  que o bosque autóctono galego qudase reducido a pequena áreas.


A pesar de todo, Galicia é a primeira reserva forestasl do Estado. As formacións máis abundantes son as plantacións de coníferas, seguidas das frondosas autótonas,os bosques mixtos e os eucaliptais.
O 75% da masa forestal está ocupada por masas artificiais.

Podemos atopar en Galicia diferentes tipos de foramcións arbóreas naturais:

As fragas son fragmentos dos bosques naturais atlánticos caracter´siticos de Galicia, que chegasron ata os nosos días cáseque se alterar. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade, faias, carbas, castiñeiross e especies de folla perenmne comom loureiros, acivbros e érvedos. As fragas máis representativas e mellor conservadas atópanse en O Courel e Ancares , e nalgunhas outras serras orientais e surorientais.

Os bosques de ribeira, tamén chamados bosques de galería son pequenas superficies arboradas que acompañan o percorridos dos ríos. En zonas cultivadas  redúcense a unha simple ringleira de árbores, pero os siuados nos canón e lugareds de dificil acceso para o home atopamos os mellor conservados. Están formados por bidueiras, freixos, abelaneiras, salgueriros, amieiras, sanguiños, sabugueiros, lamigueiros, chopos...segundo as zonas. Maneñen a liña da ribeira , regulan a temperatura e luminosidade das augas, proporcionan refuxio e alimento á fauna e actúan como filtros verdes que limitan a chegada de contaminantes á auga, ao tempo que serven de corredores ecolóxicos para as especies. As Fragas do Eume e o couto de Chelo, en Betanzos son dous bos exemplos destes bosques.

martes, 20 de noviembre de 2012

O NEOLÍTICO

Hi uns 10.000 anos aproximadamente o clima da Terra sofreu importantes cambios, tornándose máis cálido, o que provocou a desparición de moitos animais existentes no Paleolítico. Isto fixo que os grupos humáns que se alimentaban deles tiveran que adapatarse e inventar novos medios para conseguir o alimento necesario. Estes cambios , que se levarán a cabo de forma lenta e ao longo de moitos anos suporán un cambio moi importante na vida da Humanidade: a gricurura e a domesticación de animais.
Despois de recoller trigo e cebada salvaxes esas primeiras comunidades tentarían cultivalos e filnalmente acabarán por inventar a agricultura.
Ao mesmo tempo que se produce este descubrimento da agriculura tamén comezarían a domestricar os primeiros animais: ovellas, cabras.porcos e vacas. A práctica do pastoreo permitiu obter unha cantidade maior de alimentos-carne e leite- e aproveitar as peles e outras materias primas-ósos e hastas- para a fabricación de instrumentos. A caza seguirá constituindo unha parte importante da alimentación, completando a dieta.
Nacemento das primeiras aldeas:
Ao non ser xa preciso camiñar constantemente detrás das pezas de caza para conseguir o alimento básico aparecerán os primeiros poboados estables e un maior tempo para dedicar a outras actividades e descubrimentos. Asi aparece a cerámica, os teares , novos utensilios para o traballo agrícola...
A estabilidade nun mesmo lugar sin ter que desplazarse continualmente leva a unha progresiva especialización no traballo(antes todos cazaban)  aparecendo os primeiros artesáns e os comezos da división social.
O tecido, a oleiría os muíños de man para moer os cereais e a cesterái convértense en actividades cotiás.
O primeiro animal domesticado foi o can que colaboraría co home na caza e formaría parte inicialmente da súa dieta alimenticia.
Ao ser posible unha acumulación de excedente(producir máis do que necesitan) aparecerán as primeiras divisións sociais(uns terán maáis que outros).

O NEOLÍTICO EN GALICIA OU IDADE DA PEDRA PUÍDA.
En Galicia a caza terá unha importancia semellante á gandería durante todo o período Neolítico. Os cazadores d das etapas posteriores do Paleolítico empezaron queimando o bosque para evitar que a caza se fora, facilitándolles o pasto. Isto será aproveitado no Neolítico para cultivar estes pastos para os rabaños.
A cerámica facilitará a cocción dos alimentos e servira para almacenar os excedentes. Inicialmente fais a man moldeándose ata configurar unha forma semiesférica. Posteriormente se decorarían e cocerían en lumes abertos(sen fornos).
As primeiras aldeas neolíticas seráin simples aglomeracións de cabanas feitas con materiais perecedoiros. T
A finais desta etapa aparecen na maior parte de Europa e en Galicia unhas construcción de gran tamaño ,
que denominamos MEGALITISMO.

Mais información neste blog 

viernes, 26 de octubre de 2012

WEBQUEST

Aqui iremos creando diferentes webquest sobre os temas de coñecemento do medio que nos poden axudar a sacar adiante os proxectos de aula para facilitar a busca de información na rede. En canto lles atopedes o truco veredes que facil é buscar respostas...

A VESTIMENTA NO PALEOLÍTICO
http://phpwebquest.org/newphp/miniquest/soporte_tablon_m.php?id_actividad=24951&id_pagina=1


CAZADORES-RECOLECTORES NO PALEOLÍTICO

http://phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_mondrian_w.php?id_actividad=24502&id_pagina=1

A VIVENDA NO PALEOLÍTICO

http://www.webquest.es/webquest/vivenda-no-paleolitico

martes, 23 de octubre de 2012

A IDADE DA PEDRA LASCADA


Comprende o Paleolítico , Epipaleolítico e Mesolítico, desenvólvese dende a aparición dos primeiros homínidos e remata no 5.000 a.C. Foi un período de grandes cambios climáticos que provocaron cambios na paisaxe e na fauna, a través desta época o home tamén foi cambiando ata conseguir as súas caracteristicas físicas actuais. A poboación era nómade e alimentábase da caza, da pesca e da recolleita. Vivían en covas, ao pe de abrigos, e en tendas que montaban en lugares próximos aos recursos dos que se abastecían. Todas as súas ferramentas estaban feitas de pedra, óso ou madeira. Co tempo o conxunto de útiles vaise facendo máis diverso, e responde a necesidades máis específicas e complexas. Nesta época danse os primeiros enterramentos e as manifestacións artísticas. Tanto engalanaban as covas e acubillos como se adornaban eles mesmos.

O PALEOLÍTICO INFERIOR

Iníciase coa aparición dos primeiros utensilios feitos en pedra polo Homo habilis hai dous millóns e medio de anos en África. Non sabían falar, nin como facer lume, habitaban ao aire libre e eran nómades.
Medio millon de anos despois o Homo ergaster vai poboando Europa e comeza a facer instrumentos máis evolucionados.
Hai un millón de anos, o homo heidelbergensis introducirá grandes cambios:
de refuxiará en covas e farán as primeiras chozas, perfeccionarán os insgrumentos de pedra, facendo utenesilios especializados para diferentes usos e cada vez máis eficaces. Xa sabían facer lume que utilizaban para quentarse e cociñar, e tame´n traballaban o coiro para confecccionar vestimentas e refuxios como tendas, utlizaria algun sistema de comunicación oral.
Dominaban o lume e vivían da recolleita e da caza, pero dunha caza  non planificada.

O PALEOLÍTICO MEDIO


Comeza cando os nosos máis antigos antepasados confeccionan os primeiros utensilios e remata cando se converten en labregos, pasados varios millóns de anos.
Vivían da caza, da pesca e da recolleita de froitos e raíces.
Vestíanse con peles e coiros e refuxiábanse en covas ou baixo as penas en acubillos, tamén facían tendas de peles e chozas con ramas no exterior.
Dependían totalmente dos animais para a súa supervivencia polo que os seguían nas súas migracións ao longo do ano. Por iso eran nómades.

Utensilios 

Empregaban pedras para confeccionar instrumentos e elaborar obxectos de madeira e de óso, pero non todas as pedras servían;tiñan que ser pedras de gran dureza e qe3u partían como o vidro, facendo cunchas. Gopeaban unha pedra contra outra e extraían así esas cunchas(lascas) e confeccionaban os instrumentos cortantes. A esta técnica denomínaselle talla ou lascado . En Galicia empregaban o perdernal, cristal de rocha, seixo e cuarcita segundo os distintos lugares próximos aos lugares de asentamento.


A vivenda.
A necesidade de abrigo frente ás inclemencias do tempo xorde só cando a necesidade fundamental de alimentación está cuberta. Inicialkmente durmían ao aire libre. Co paso do tempo construiron as primeiras vivendas, chozas feitas con pólas e tronco ás beiras dos ríos ou do mar. Cando o clima arrefriuou habitáronse as covas que foron acondicionadas con estruturas de pólas e coiro para combater as correntes de aire. Tamén buscaron reufio en acubillos baixo rocha, coñecidos como abrigos , os que arranxaban cunha especie de corta vento feito de paos, ramallos ou coiro. Ademais construiron tendas con varas e coiro facillmente trasportables.
En Galicia todos os xacementos coñeceidos do Paleolítico Inferior e medio desenvolvense ao aire libre, ao que implica o emprego de chozas ; no Paleolítico siupeior a meirande parte das ocupacións correspondense con acubillos baixo rocha, nos que se deberon montar cortaventos, inda que tamán coñecese da existencia de campamentos de tendas e algunhas covas habitadas nestes momentos.





O PALEOLÍTICO SUPERIOR

Comeza hai uns 40.000 anos coa aparición do Home de Cromañón que convivirá inicialmente co Home de Neandertal. Cada un deles producirá manifestacións culturais diferenciadas. A población expándese por todo o mundo xurdindo diferencias anatómicas que producirán os rasgos raciais distintivos.
Esta etapa, na súa meirande parte desenvólvese en fases climáticas de frio moi intenso polo qaue a povoación terá que a comodar os interiores das covas e acubillos.
A súa vestimenta tamén se fai máis complexa, con pnatalós, capuchas e guantes para protegerse do frio.
O sustento principal segue sendo a caza, pero de forma máis planificada, incluindo animais de gran tamaño como reno, mamuts, bisonte, cervo e uros(bóxidos salvaxes) utilizando técnicas de caza com o acecho e a escorrentada cotnra barrancos. Non teñen arco. As lanzas con puntas de pedra ou oso eran tiradas cun propulsor para cegar máis lonxe con máis forza.
Os instrumentos de pedra redúcense en tamaño e finalidade máis específica. Aparece unha nova técnica de talla, os instrumentos terán usos específicos e gran variabilidade nas súas formas(burís, raspadeiras…). Ademais desenvólvese a INDUSTRIA ÓSEA proporcionando agullas de coser con ollo, anzois, puntas de proyectil(azagayas) arpóns e outros utensilios.
É a época da Arte prehistórica: paredes e teitos de covas e abrigos presentan pinturas con representación de animais en diferentes actitudes. Tamén realizan colgantes e abalorios, así como gravados e esculturas humanas e de animais realizadas en arxila ou pedra.

En Galicia localízanse 6 xacementos dester período na Terra Cha. Son acubillos baixo aleiros de cuarcita ou pedra de gran correspondentes á época magdaleniense. O xacemento mási importante é o de PENA GRANDE (13000ac). No tempo NO que foi habitada documéntase unha paisaxe mixta: bosques de carballos, castiñeiros e bidueiros nas zonas máis protexidas, e paisaxes abertas de uces nas zonas máis protexidas, e paisaxes abertas de uces nas zonas altas e menos resgardadas dos fríos e ventos.







domingo, 21 de octubre de 2012

O MIÑO

É o río máis grande e caudaloso de Galicia a pesar de todos os encoros que aproveitan as súas augas. Cruza de esquina a esquina  o noso país .

VISITA A VILALBA

O pasado venres 19 de outubro os dous grupos de 5º do colexio, acompañados dos seus titores Teresa e Enrique, realizaron unha visita ao Mueso Arqueolóxico de Vilalba . Esta visita tiña como finalidade coñecer un pouco mellor a nosa historia -nesta caso a nosa Prehistoria-e situala en lugares cercanos a nos.
Durante este primeiro trimestre os alumnos de 5º traballarán diferentes aspectos da Prehistoria de Galicia, e realizarán diferentes traballos en equipo que iremos situando no andar anexo a 5ºA . Neste blog de aula iremos poñendo información pormenorizada destas actividades e suxeriremos outras posibles visitas que podedes realizar en familia. Botade unha ollada á paxina sobre A PREHISTORIA EN CAMBRE .

Nesta visita puidemos ver e tocar utensilios realizados no Paleolítico e Neolítico e inda nos deron un curso intensivo de como facían os nosos antepasados estas ferramentas. Agora entendemos porque lle chaman a IDADE DA PEDRA LASCADA.

Logo de ver un video e visitar a exposición tomamos forzas comendo un pouco e nos diriximos no autobus a visitar unha "pedra fita" que é como se chaman os menhires en Galicia. Este lle chamaban Pedrachantada .

O director do museo explicounos que os lugares onde se situaban estas pedrafitas , anos despois situarianse os "cruceiros"

Pero o que máis nos gustou foi a Penagrande  unha rocha enorme que estivo habitada no Paleolítico Superior por un grupo de cazadores-recolectores durante moito tempo. Desde alí podían divisar moi ben todo.

Agora toca reflexionar sobre todo isto para o traballo que temos que facer.