domingo, 21 de octubre de 2012

VISITA A VILALBA

O pasado venres 19 de outubro os dous grupos de 5º do colexio, acompañados dos seus titores Teresa e Enrique, realizaron unha visita ao Mueso Arqueolóxico de Vilalba . Esta visita tiña como finalidade coñecer un pouco mellor a nosa historia -nesta caso a nosa Prehistoria-e situala en lugares cercanos a nos.
Durante este primeiro trimestre os alumnos de 5º traballarán diferentes aspectos da Prehistoria de Galicia, e realizarán diferentes traballos en equipo que iremos situando no andar anexo a 5ºA . Neste blog de aula iremos poñendo información pormenorizada destas actividades e suxeriremos outras posibles visitas que podedes realizar en familia. Botade unha ollada á paxina sobre A PREHISTORIA EN CAMBRE .

Nesta visita puidemos ver e tocar utensilios realizados no Paleolítico e Neolítico e inda nos deron un curso intensivo de como facían os nosos antepasados estas ferramentas. Agora entendemos porque lle chaman a IDADE DA PEDRA LASCADA.

Logo de ver un video e visitar a exposición tomamos forzas comendo un pouco e nos diriximos no autobus a visitar unha "pedra fita" que é como se chaman os menhires en Galicia. Este lle chamaban Pedrachantada .

O director do museo explicounos que os lugares onde se situaban estas pedrafitas , anos despois situarianse os "cruceiros"

Pero o que máis nos gustou foi a Penagrande  unha rocha enorme que estivo habitada no Paleolítico Superior por un grupo de cazadores-recolectores durante moito tempo. Desde alí podían divisar moi ben todo.

Agora toca reflexionar sobre todo isto para o traballo que temos que facer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario