OS ROMANOS

No segundo trimestre desenvolveremos o tema   "OS ROMANOS". Como no trimestre anterior nos organizaremos en equipos de seis e buscaremos información en bibliotecas, internet,etc.
Para ter unha visión xeral podes acceder á páxina O TEMPO DOS ROMANOS.

Empezaremos botando un vistazo a un dos espectáculos máis esperados polos romanos e romanas da época. Para entender o que sentían temos que pensar no que hoxe en día sente moita xente polo futbol. Os gladiadores eran o equivalente actual dos xogadores deste deporte., se ben o espectáculo polo seu salvaxismo nos recordaría máis aos touros. Por algo unha plaza de touros nos recorda moito á forma dos anfiteatros onde loitaban os gladiadores
GLADIADORES

Sabes o que é unha glaudius?
Cantos tipos diferentes de gladiadores  había nos circos e anfiteatros romanos?
Que diferenciaba aos reciarios de outras clases de gladiadores?

Aqui vos deixo tres videos para entendelo mellor.
1ªparte


2ª parte



i a 3ª é última



Estes espectáculos desenvolvíanse nos anfiteatros. O máis importante foi o Coliseo de Roma..







Pero tamén te sorprenderá comprobar como eran as construcións romanas: pazos, casas, termas.. Se queres ter unha visión global aqui te deixo este video sobre a Antiga cidade de Roma, na que naceu todo.

A partir de aqui imos intentar seguir un orde máis preciso para estudar esta importante civilización , asi que pasaremos a  botar un vistazo ao INDICE sobre este tema
:



Iván , Eduardo, Ainara, Nuria, Lara e Alex xa aprenderon un monton de cousas despois de investigar sobre o tema.
VER VIDEOS

temario oposicións secundaria


No hay comentarios:

Publicar un comentario