martes, 20 de noviembre de 2012

O NEOLÍTICO

Hi uns 10.000 anos aproximadamente o clima da Terra sofreu importantes cambios, tornándose máis cálido, o que provocou a desparición de moitos animais existentes no Paleolítico. Isto fixo que os grupos humáns que se alimentaban deles tiveran que adapatarse e inventar novos medios para conseguir o alimento necesario. Estes cambios , que se levarán a cabo de forma lenta e ao longo de moitos anos suporán un cambio moi importante na vida da Humanidade: a gricurura e a domesticación de animais.
Despois de recoller trigo e cebada salvaxes esas primeiras comunidades tentarían cultivalos e filnalmente acabarán por inventar a agricultura.
Ao mesmo tempo que se produce este descubrimento da agriculura tamén comezarían a domestricar os primeiros animais: ovellas, cabras.porcos e vacas. A práctica do pastoreo permitiu obter unha cantidade maior de alimentos-carne e leite- e aproveitar as peles e outras materias primas-ósos e hastas- para a fabricación de instrumentos. A caza seguirá constituindo unha parte importante da alimentación, completando a dieta.
Nacemento das primeiras aldeas:
Ao non ser xa preciso camiñar constantemente detrás das pezas de caza para conseguir o alimento básico aparecerán os primeiros poboados estables e un maior tempo para dedicar a outras actividades e descubrimentos. Asi aparece a cerámica, os teares , novos utensilios para o traballo agrícola...
A estabilidade nun mesmo lugar sin ter que desplazarse continualmente leva a unha progresiva especialización no traballo(antes todos cazaban)  aparecendo os primeiros artesáns e os comezos da división social.
O tecido, a oleiría os muíños de man para moer os cereais e a cesterái convértense en actividades cotiás.
O primeiro animal domesticado foi o can que colaboraría co home na caza e formaría parte inicialmente da súa dieta alimenticia.
Ao ser posible unha acumulación de excedente(producir máis do que necesitan) aparecerán as primeiras divisións sociais(uns terán maáis que outros).

O NEOLÍTICO EN GALICIA OU IDADE DA PEDRA PUÍDA.
En Galicia a caza terá unha importancia semellante á gandería durante todo o período Neolítico. Os cazadores d das etapas posteriores do Paleolítico empezaron queimando o bosque para evitar que a caza se fora, facilitándolles o pasto. Isto será aproveitado no Neolítico para cultivar estes pastos para os rabaños.
A cerámica facilitará a cocción dos alimentos e servira para almacenar os excedentes. Inicialmente fais a man moldeándose ata configurar unha forma semiesférica. Posteriormente se decorarían e cocerían en lumes abertos(sen fornos).
As primeiras aldeas neolíticas seráin simples aglomeracións de cabanas feitas con materiais perecedoiros. T
A finais desta etapa aparecen na maior parte de Europa e en Galicia unhas construcción de gran tamaño ,
que denominamos MEGALITISMO.

Mais información neste blog 

No hay comentarios:

Publicar un comentario