- o bosque atlántico, constituido por árbores de folla caediza e ancha, principalmente carballos, con abondosas matogueiras.
- nas zonas de clima mediterráneo, máis secas, os bosques de sobreiras, aciñeiras e rebolos.
O bosque galego autóctono formouse hai uns 10.000 anos, aparecendo as bidueiras, abelairas e carballos.
Os castiñeiros foron difundidos polos romanos hai 2000 anos, inda que xa existiran algún exemplares no noso país.
Pero desde o primeiro momento da aparición do home os bosques galegos comezan xa a súa decadencia debido á explotación intensiva dos bosques desde a Prehistoria para o desenvolvemento da agricultura e a gandería.
Na Idade Media intensifícase a explotación destes bosques para obter madeira e carbón, destrución que foi avanzando a medida que as necesidades enerxéticas e de terras para o cultivo aumentaron.
Pero foi a introdución e posterior difusión do piñeiro desde hai 200 anos e do euclaipto, hai a penas 100 anos os que provocaron que o bosque autóctono galego qudase reducido a pequena áreas.
A pesar de todo, Galicia é a primeira reserva forestasl do Estado. As formacións máis abundantes son as plantacións de coníferas, seguidas das frondosas autótonas,os bosques mixtos e os eucaliptais.
O 75% da masa forestal está ocupada por masas artificiais.
Podemos atopar en Galicia diferentes tipos de foramcións arbóreas naturais:
- fragas
- bosques de ribeira
- devesas
- carballeiras
As fragas son fragmentos dos bosques naturais atlánticos caracter´siticos de Galicia, que chegasron ata os nosos días cáseque se alterar. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade, faias, carbas, castiñeiross e especies de folla perenmne comom loureiros, acivbros e érvedos. As fragas máis representativas e mellor conservadas atópanse en O Courel e Ancares , e nalgunhas outras serras orientais e surorientais.
Os bosques de ribeira, tamén chamados bosques de galería son pequenas superficies arboradas que acompañan o percorridos dos ríos. En zonas cultivadas redúcense a unha simple ringleira de árbores, pero os siuados nos canón e lugareds de dificil acceso para o home atopamos os mellor conservados. Están formados por bidueiras, freixos, abelaneiras, salgueriros, amieiras, sanguiños, sabugueiros, lamigueiros, chopos...segundo as zonas. Maneñen a liña da ribeira , regulan a temperatura e luminosidade das augas, proporcionan refuxio e alimento á fauna e actúan como filtros verdes que limitan a chegada de contaminantes á auga, ao tempo que serven de corredores ecolóxicos para as especies. As Fragas do Eume e o couto de Chelo, en Betanzos son dous bos exemplos destes bosques.

No hay comentarios:
Publicar un comentario