A CULTURA CASTREXA


SUMARIO

  • Os castros: murallas e construccións.
  • Gandaría e agricultura; recolleita e marisqueo.
  • Vida cotián.
  • Obxectos metálicos: ferro, bronce e ouro.
  • Labras castrexas.



A IDADE DE FERRO

Os castros: murallas e construccións.
A Idade de Ferro comeza co final da Idade de Bronce e remata coa invasión romana. O seu desenvolvemento en Galicia coincide co Fenómeno Cultural Castrexo. Recibe este nome polo asentamento característico: o castro. o Castro é un poboado fortificado, de  forma circular ou elíptica e dimensións variables. No seu interior atopamos cabanas de forma circular, ovalada e rectangular, incialmente cunha escasa  planificación urbanística. Inda que trqadicionalmente relacionabase cos celtas, hoxe en día podemos afirmar que a súa orixe estaría na evolución do mundo indíxena anterior e o contacto co resto das culturas europeas de época.
Arrinca no Bronce Final, evoluciona na Época Romana e continúa ata os principios da Idade Media.
 A situación da maioria dos castros pouco ten que ver con motivos defensivos e moito co ambiente da época: o clima e a correspondente vexetación. As terras baixas, os vales, estarían formando unha fronda impenetrable. Os útiles de deforestación, feitos de cobre(o ferro chaga cos romanos) eran insuficientess e esixían moito esforzo. No caso de chegar a facer un claro no bosque, había que enfrontar coa terra, enchoupada e moi pesada para ser traballadea co aixadas(o arado chega, tamén, cos romanos). Por esta razón os castrexos elivirán as zonas altas para se asentar: nespolóns circundados por rios, outeiros de media ladeira ou mesmo curutos dosm ontes. Tamén ocuparán zonas baixas en puntas marítimas ou pensínsulas desprovista de vexetación, como no caso de Baroña. O asentarse a media ladeira ou no alto dos montes permítelles coupar un espacio de pouca vexetación e, ao tempo, cara arriba ou cara abaixo cacilitalles pola mesma razón, a práctica agrícola: non hai árbores e as terras son brandas e doadas de cultiva. Para ocupar e cultivar as zonas fondas dos vales haberá que agardar á teconooxía e instrumental romanno.
Algúns castros ubícanse en determinados emprazamentos porque tiñan unha vocación mineira, levantados para controlar unha zona de tráisto.
Os grandes castros probablemente desempeñaron funcións de tipo administrativo sobre un territorio ocupado por castros máis pequenos.
Coa chegada dos romanos e a pacificación deste país, a construcción dos castros deixaría de obedecer a razóns defensivas, agora serían símbolos de identidade social e territorial do pobo que os habita, diferencaiándose dos asentamentos dos romanos e dos nativos máis aculturados.
A forma do castro adoita ser circular ou elíptica.
No interior atópase un conxunto ateigado de construccións sen orde aparente. Non hai unha planificación urbanística pero si un agrupamento de edificacións individuais(cabanas, cortes, celeiros...)correspondentes a células unifamiliares que se relacionan ao chou. Estas unidades ou barrios, están compostas por unha cabana con lareira(vivenda) e outras cabanas que terían a función de celeiros, cortes e alpendres. Todas elas manteñen entre si unha comunicación directa e amósanse de espaldas a outros grupos ou barrios.
Ata a chegada dos romanos as construciións eran de pedra con teitos de colmo e lousa. Coa chegada dos romanos empregarnase as tellas curvas e plaans. As plantas destasconstrucciósn son circulares ou elípticas, as cadradas e rectangulares corresponderían á etapa de romanización. Tamén aparecenb algunhas cabanas de grandes dimiensións que poderían ser unsadas para reunións, ademais dunha especie de saunas, pozos e alxibes.



Gandaría e agricultura; recolleita e marisqueo.
A economía desta sociedade basease, coma na étapa anterior na gricultura e a gandería, sen esquecerse da caza, da pesca, da recolletia e da explotación de recursos mariños. Existían actividades mineiras e potencianse as actividades comerciais. Tería un certo carácter guerreiro, sendo de gran importancia as relacións de parentesco, tipo "clan".O rol do guerreiro consolídase como grupo social preeminente. Curiosamente non existen documentos que nos permitan falar ade sociedades belicosas.




A vida cotián.
A súa alimentación , tendo en conta os restos atopados indican que consumían carne de ovella e cabra preferentemente, preparada asada ou cocida nunha ola. Tamén consumían carne de vacún, reses vellas que tiñan que ser abrandadas en guisos, igual que farían coa carne de porco. Probablemente a prepararían guisadas con chícharos, fabas, verzas, froitos secos e tubérculos que cultivaban ou tiñan ao seu alcance. Leite, manteiga e queixo completarían a súa dieta que acompañarían con pans e papas elaboradas con fariñas de trigo, avea, caebada, trigo  miudo ou landras, e incluso elaborarían cervexa a partires dalgún cereal. Se o castro oestaba cercano ao mar comerían crus o u cocidos mexillóns, percebes, ameixas, ourizos, lapas, minchas, crustáceos e peixes.

O espacio doméstico.
Viña determinado polas cabanas, organizadas ao redor do lume. Nelas realizaban actividades divbersas, moían o cereal, cocian o pan, cociñaban, tecían nos teares, e realizaban  outros traballos artesanias. Coa chegada dos romanos o espacio doméstico se volverá máis complexo, introducindo nesépoca o costume de comer na mesa e aparecerán os fogares elvados que seguirán convivindo coas lareiras.

Os castrexos usaban na oleiría o torno: a arxila colócase nunha especia de orda horizontal que se fai xirar coa man ao rdor dun exie central, así, cun barro máis fresco, fanse con maior rapidez vasillas de diferentes formas e tamaños.

Obxectos metálicos: ferro, bronce e ouro.
Denótase un gran pulo na cerámica e tamén no traballlo dos metais, especialmente na ourivería. En bronce elaboraban fíbulas e fibelas,xunto con prendedores que eran usados para suxeita-las diferentes prendas de roupa para se vestir; tamén realizaban machados, puñais, e espadas. Ainda así seguiron facendo ferramentas de pedra.
As fíbulas son unha especie de imperdibles, utilizados para a suxeición das teas coas que se vestían, ademais desta función tamén servían de adorno. Nomundo castrexo a maioria están feitas de bronce, ainda que aparezan algunhas de ouro e outras con adornos de prata.

En ouro realizaban adornos personais(arracadas, torques, braceiros). Consérvanse caldeiros, cravos, compases, puñais , coitelos, machados e oturas ferramentas realizadas en ferro.



Os torques son colares semirríxidos feitos de ouro e prata, ainda que algúns teñen un  ánima de bonce. Son adornos masculinos levados en cerimonias; os romanos empregarán uns orques pequenos como condecoracións.

As arracadas son como pendentes que pendurn da orella cun bucle flexibe, no extremo, por debaixo do lóbulo, está a arracada, de forma amorcillada ou de lúa. Son adornos de uso feminino feitos de outo e prata.



A CULTURA CASTREXA DO NOROESTE PENINSULAR.

Se ben durante moito tempo identificouse coa cultura celta hoxe podemos afirmar que só a partir do século VI podemos falar na península dunha cultura propiamente celta e , polo tanto, tamén no territorioo galego.
Na rexión que abarcaba toda a zona comprendida ao norte do río Douro e ao oeste da linea que forman o Sella en Asturias e o Esla en León xorde unha nova cultura resultado da mextura dos pobos de orixe indoeuropea predominante no noroeste penínsular, coa chegada dos povos de orixe celta procedentes da meseta. Esta será a cultura que se atoparán os romanos .

Esta ccultura , se ben ten elementos celtas, posúe rasgos e costumes peculiares que non encaixan co que sabemos dos celtas e que deberiamos atribuir a un primitivo aporte indoeuropeo.
    Existern castros en toda a área celta da península, pero os castros do noroeste presentan  importantes diferencias respecto aos da meseta:
  • Forma redondeada ou oval do castro e das casas.
  • Tamaño reducido e máis abondosas e próximas entre sí.
Isto responde a unha tradición que nos leva a tempos prehistóricos e que nos indicaría unha ausencia de coordinación e de xerarquización sociais.
Este tipo de casas é característico da CULTURA CASTREXA DO NOROESTE(Galaicos e Astures)
Concretando, podemos definir a cultura castrexa como aquela que se desenvolve entre os séculos VI a.C. e o século V d. C, se ben afondaría as súas raices na idade do Bronce, en terras da antiga GALLAECIA romana, sendo seu elemento máis característico o CASTRO.

Para saber máis sobre o mundo castrexo visita a paxína do MUVICC (Museo vierutal da Cultura Castrexa).    
IR AO MUVICC

No hay comentarios:

Publicar un comentario