T.2 CLIMA, VEXETACIÓN E FAUNA DE GALICIA.OS ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA

Xa vimos as grandes unidades de relevo de Galicia  e como a altitude e a maior ou menor proximidade ao mar condicionaban as condicións de vida dos seus habitantes. Os numerosos e caudolosos, inda que cortos ríos influían tamen na formación dos núcleos de poboación.

Neste novo tema veremos  e tentaremos explicar por que todo isto condiciona a habitabilidade deses lugares. A situación  xeográfica do noso país  condicionará unhas temperaturas e precipitacións que darán lugar ao chamado CLIMA OCEÁNICO. Cada clima propicia a aparición dun determinado tipo de vexetación que alberga unha FAUNA ás veces única e dificilmente repetible.  O exceso de poboamento dalgunhas zonas e o desprazamento do campo ás cidades modificará de forma importante esta paisaxe e traerá consigo , en moitos casos, a desaparición ou degradación de importantes entornos naturais. Coa finalidade de evitar no posible esta desaparición as institucións desenvolven leis tendentes a conservar as areas naturais máis importantes. Son os chamados ESPAZOS PROTEXIDOS dos que tamén nos ocuparemos neste tema.

Como é o noso clima?
Lé o apartado correspondente na pax, 24 do libro de texto e logo tenta contestar as seguintes preguntas.
Como é o clima de Galicia?
Como son as temperaturas no litoral galego?
Por que no interior os veráns son máis calorosos e os invernos máis fríos que na costa?
Por que nas zonas montañosas os veráns son normalmente máis frescos?
Onde se dan as temperaturas máis baixas?
Se coñeces as respostas podes seguir co apartado correspondente ás Precipitacións e comproba que sabes responder as preguntas.
Cales son as estacións máis chuviosas?
Cando chove menos? Por que?

Agora podes facer un resume. Debes recoller , alomenos, estes aspectos:


  • O clima de Galicia é oceánico.
  • As características xerais deste clima(temperaturas e precipitacións).
  • Como varía en función da latiutde e a proximidade ao mar.
Os Climogramas.
Un climograma é un gráfico que representa os datos de temperaturas e precipitacións ao longo dun período de tempo ,nun lugar determinado. Aquí tes o climograma anual correspondente A Coruña.




A VEXETACIÓN DE GALICIA

Como consecuencia das abundantes precipitacións a vexetación galega é abundante . A formación máis característica será o Bosque atlántico e a árbore máis representativa sería o Carballo.
Diferenciamos dous  tipos de vexetación predominantes:
  • A vexetación das Serras.
  • A vexetación modificada polo home: prados, leiras...e os bosques de piñeiros e eucaliptos, principalmente.
É nas serras onde podemos apreciar  a vexetación mellor conservada e as formacións boscosas de  castiñeiros e piñeiros silvestres.
Na costa predominan fundamentalmente o eucalipto , seguido do piñeiro, agás algunhas fragas illadas, entre as que salientamos as Fragas do Eume, consideradas por algúns especialistas como o bosque atlántico mellor conservado de Europa - antes do desgraciado incendio do pasado verán- exemplo tamén de Bosque de ribeira.
Para saber mais sobre as distintas variedades de árbores e plantas que forman a vexetación de Galicia recomendámosche que accedas a este MINIATLAS BOTÁNICO DE GALICIA

A FAUNA DE GALICIA

En Galicia inda temos unha notable cantidade e variaedade de fauna salvaxe, se ben a constante transformación do territorio por parte do home fai que a súa vida sexa cada vez máis dificil, poñéndoos en risco de extinción, como xa ocorreu co oso e a pita do monte hoxe desaparecidos , se ben esporadicamente pode ser divisado nos límites coa Cordilleira Cantábrica onde perviven.

A FAUNA DAS SERRAS
Nas Serras Orientais e Surorientais  posúen unha fauna característica formada por grandes mamíferos coma: o gamo, o corzo, o lobo; e outros de menor tamaño,como leiróns, garduña, martas....
A riqueza faunística fai que pervivan aves de rapiña, como a aguia real ou a aguia cobreira ou paxaros de menos tamaño como os petos reais




A FAUNA DA COSTA
Temos que distinguir diferentes zonas:

  • Os cantís.

 Anidan aves mariñas como as gaivotas, os corvos mariños, as pardelas , os mascatos e os paíños.




As plumas do corvo mariño non son totalmente impermeables, o que lle permite mergullarse sen dificultade. Unha vez fora extende as súas ás para secalas, como observamos na foto.






  • As lagoas costeiras.
Nelas atopamos aves como as garzas, garzas cinsentas, cullereiros,parrulos e galiñolas.


Galiñola nadando 



  • As praias.
Atopamos numerosos invertebrados(ameixas, vermes...) e aves

  • Esteiros dos ríos.

con importantes poboacións de peixes como o salmón e a anguía.

A FAUNA DO INTERIOR

O territorio galego restante mantén  unha fauna abundante cos especies como: o coello, a lebre, oraposo, aperdiz, a troita e o barbo.


OS ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA

No noso país existen numerosos espazos naturais, de gran valor paisaxístico e ecolóxico. Trátase de lugares protexidos polas leis que impiden alterar a paisaxe e os recursos destas zonas.
Son territorios establecidos pola lei que pretenden favorecer a conservación da natureza, pola súa singularidade desde o punto de vista natural; ás veces mantéñense algunhas actividades humanas sen alterar o medio.
Segundo o nivel de protección existe diferentes categorias internacionais de conservación.
En Galicia temos 17  espazos naturais protexidos.
IR A WEBQUEST ONDE IREMOS?

O PARQUE MARÍTIMO E TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Comprende as illas de: Cies, Ons, Cortegada e Sálvora.
Salientan a flora e a fauna mariñas.
En Cortegada existe un dos maiores bosques de loureiro de España.

PARQUE NATURAL GERES-XURÉS

Situado no Suroeste da provincia de Ourense.
A vexetación está formada por carballos, castiñeiros,sobreiras, madroños e piñeiros silvestres, fundamentalmente.
Na fauna salientan a vívora , o lobo , a aguia rateira, coellos, corzos e xabaris.




No hay comentarios:

Publicar un comentario