martes, 2 de abril de 2013

martes, 19 de marzo de 2013

ARTROPODOS


Son o grupo de animáis máis extenso(representan o 80% dos animais). Na lámina superior podes ver diferentes artrópodos. Observarás grandes diferencias entre eles, pero imos comezar coas características comúns a todo eles.
Características:

  • Corpò cuberto por unhas substancia dura pero lixeira formando un esqueleto externo(exoesqueleto) que sosten o corpo e o protexe.
  • diferenciación en partes articuladas, é dicir, que se poden mover 
  • Posúen varias patas e apéndices articulados na cabeza( antenas) e ao redor da boca(mandíbulas).

Agora imos ver as diferencias entre eles. Clasifícanse en catro grupos.

Clasificación de artrópodos:
    • Crustáceos.
    • Arácnidos.
    • Miriápodos.
    • Inxectos.
Para apreciar as principais diferencias entre elas e coñecer algunhas curiosidades podes botar un vistazo a este vídeo ou entrar nesta páxina sobre os artrópodos.


OS MOLUSCOS

Son animais invertebrados de copo brando, sen patas e cubertos por unha pel húmida. A maioria posúen unha cuberta exterior dura, chamada cuncha, formada por unha substancia mineral.
A maioría dos moluscos viven na auga, inda que algún tamén o fan en terra firme, como os caracois terretres e as lesmas.

Os moluscos clasifícanse en tres grupos:

  • Gasterópodos.
  • Bivalvos.
  • Cefalópodos.


martes, 12 de marzo de 2013

VISITA A SANTIAGO

O martes, 12 de marzo as alumnas e alumnos de 5º e os seus titores visitaron a exposición GALLAECIA PETREAE na Cidade da Cultura, no monte Gaiás, en   Santiago.
Aqui deixamos algunhas fotos e máis adiante inormaremos con máis detalle.













miércoles, 6 de marzo de 2013

GALLAECIA PETREA

O próximo martes, 12 de marxo, o alumnado de 5º realizarán unha visita didáctica á exposición  "Gallaecia Petrea" na Cidade da Cultura. Esta exposición, única, que reune as obras máis significativas realizadas en pedra en Gallaecia, nome que os romanos deron ás terras correspondentes ao territorio que actualmente ocupa a nosa comunidade e as terras que limitan co Douro(Norte de Portugal) e o Navia(en terras asturianas)un territorio marcado pola presencia da pedra e que nos servirá para completar o estudo dos temas de historia deste curso(Prehistoria, Idade Antiga e Idade Media). Unha exposición que recomendamos ás familias e á que podedes acceder virtualmente clicando no enlace.

Guerrero Galaico do século I


martes, 5 de marzo de 2013

BACTERIAS E VIRUS

BACTERIAS E VIRUS

As bacterias son microorganismos unicelulares. A diferencia doutras células, as bacterias non teñen núcleo definido, nin presentar orgánulos. Xeralmente posúen unha parede celular e son móbiles
As bacterias poden ser beneficiosas ou perxudiciais. 
Bacterias beneficiosas.
 podemos afirmar que son imprescindibles para a reciclaxe dos elementos. Na industria, as bacterias son importantes no proceso de tratamento de augas residuais, ou na producción de: manteiga, queixo, vinagre, iogur, etc asi ncomo na fabricación de medicamentos e outros productos químicos.
Bacterias perxudiciais.
Non todas as bacterias teñen efectos positivos. Algunhas bacterias poden causar enfermidades infecciosas: cólera, difteria, escarlatina, lepra,tifus ou tuberculose. Para tratar as infeccións producidas por estas bacterias empréganse os antibióticos. Estes inhiben a formación da parede celular ou detteñen oturso procesos do seu ciclo de vida. Tamén se empregan na agricultura e na gandaría, o que ocasiona que se estea xeralizando a resistencia das bacterias aos antibióticos.

Bacteria da tuberculose


Os virus son mási pequenos que unha célula. Non se alimentan nin se moven pero pódense reproducir. Son parásitos; é dicir,  necesitan dun ser vivo para sobrevivir. Trñatase de microorganismos infecciosos que non son visibles no miciroscopio normal. Son parásitos de plantas, animais e mesmo bacterias. So poden multipllicarse dentro das células de outros organismos.
A varicela, o sarampión ou a hepatite B son producidos por virus.

miércoles, 13 de febrero de 2013

DISFRACES E VESTIMENTA ROMANA

Os alumnos e alumnas de 5º B aproveitaron o entroido deste ano para  disfrazarse con algunhas das vestimentas propias dos romanos e romanas  e explicarnos algunhas características destas prendas.



A TOGA






CLASES DE TOGAS



A CORAZA


O GLADIADOR TRACIO


A TUNÍCULA




Se queres ver os disfraces de cada un pulsa en FOTOS DISFRACES

martes, 12 de febrero de 2013

A EDUCACIÓN NA ANTIGA ROMA


Na Antiga Roma a familia era unha das cousas máis importantes da vida.Pero estaba totalmente xerarquizada.Ao frente situábase o pai, que era o propietario de todo o que contiña o fogar. Daba ordes, impart´`ia castigos e presidía o culto doméstico. Trasel estaba a nai que dirixia as tarefas cotiás. Vixiaba aos esclavos, tecía a lá para facer a roupa e encargábase dos nenos.
O nacemento dun fillo san sempre era motivo de ledicia. Aos poucos días de nacer o pequeno era depositado no chan ante os ollos de todos. Se o pai o levantaba significaba que o recoñecía coma propio e que se comprometía a educalo. Aos oito días se era neno ou aos nove se era nena, celebrábase unha cerimonia onde era presenado oficaialmente á familia e se lle impartío o nome. Recibía tres nomeamentos. O nome de pila, o "praenomen"; o "nomen", relativo á súa familia e o "cognomen", que se correspondía cunha característica física, un oficio, a súa procedencia ou unha rama familiar. 
Ata os seis ou sete anos recibían a educación da súa nai. A partires deste momento a tarefa pasaba a mans dun escravo liberto, dun pedagogo ou , se os medios non o permitían , da escola pública. 
Aprendían a ler, a escribir e a contar. Tamén se memorizaban as Leis das Doce Tablas e algunhas poesías. O paI debía ensinar aos seus fillos os fundamentos da cultura física, sobre todo o lanzamento de disco, a carreira , o salto, a loita, a natación e a equitacíón.O curso sempre empezaba en marzo, inda que tiñan vacacións durante a época estival. A xornada lectiva era de seis horas cun descanso ao mediodía. 
Cuando terminaban esta etapa pasaban á EDUCACIÓN MEDIA que corría a cargo dun "gramatico". Ensinaba latín, griego, historia, xeografía, lóxica, literatura, matemática e astronomía, porque  o ideal pedagóxico da escola romana estaba enfocado a conseguir a"virtus", unha mestura de piedade, sobriedade, valor e xustiza.
O seguinte paso era a EDUCACIÓN SUPERIOR impartida nas escolas dos "retores" ou retóricos. Aquí os xóvenes aprendían a arte da elocuencia que ensinaba como dirixir ás persoas segúndo a vontade do que falaba. Algo imprescindible para a vida pública xa que sen ela non podían presentarse ante o Senado, o povo ou os tribunais. A isto se engadía a iniciación ao dereito e á Administración Pública, que se adquiría escoitando os procesos dos tribunais e a asamblea dos cidadans. 
A última parte da formación era O pase polo  EXÉRCITO. Era obligatorio para poder exercer os dereitos como cidadan, como, por exemplo, emitir un voto. Ademais, se se quería acceder a algún cargo político eran necesarios 10 anos de servizo militar. De ahí que só os cidadans máis ricos poidieran acceder a ela.
O MATERIAL ESCOLAR
O mestre sentábase nuha silla con respaldo("cathedra) ou sen ela("sella), os alumnos en banquetas("subsellium"). Escribían sobre tablillas recubertas de cera con un punzón(stilus) que tiña no extremo oposto unha espátula para borrar o escrito e allanar de novo a cera. Xuntábanse varias tabletas mediante un cordón pasado por orificios practicados no borde. O conxunto de varias tablas chámase "Codex". Tamén escribían nun rollo de papiro. o "libri" cunha caña afiada("calamus") ou cunha pluma e tinta negra.

lunes, 11 de febrero de 2013

A VIVENDA ROMANA

En Roma existían tre tipos distintos de vivendas, segundo a condición social e económica. Para coñecelas aqui vos deixo unha WebQuest sobre "A Vivenda romana" que vos axudará a entendelo mellor.

Despois de botarlle un vistazo, podedes disfrutar deste video que  nos mostra unha recreación dalgunha destas vivendas.

viernes, 1 de febrero de 2013

A CIVILIZACIÓN ROMANA

ÍNDICE

  1. A VESTIMENTA
  2. A VIVENDA
  3. A EDUCACIÓN
  4. EDIFICIOS PÚBLICOS
  5. ESPECTÁCULOS
  6. O EXÉRCITO ROMANO
  7. A CONQUISTA DA PENÍNSULA IBÉRICA.
  8. OS ROMANOS EN GALICIA.

Para informarte máis a fondo de cada un dos temas, fai clik no correspondente enlace.

Iremos incorporando os enlaces a medida que os traballemos en clase.

OUTRAS WEBS INTERESANTES SOBRE ESTE TEMA
ROMANORUM VITA, UNHA HISTORIA DE ROMA
VISITA VIRTUAL ROMANORUM VITAE

domingo, 27 de enero de 2013

ENTROIDO ROMANO

Este ano poderiamos participar no desfile do cole coas vestimentas romanas e deste xeito demostrariamos parte do que aprendemos sobre como vivían.
É so unha proposta, asi que, ide botanod un vistazo , a ver se sodes capaces de facelo vos mesmos...cun pouquiño de axuda, claro.

COMO FACER UNHA TOGA E POÑELA.
(copia da páxina 21  do libro 100 cosas que deberías saber sobre la ANTIGUA ROMA, de
 editorial SUSAETA, un libro que vos recomendamos)




MULLER CON TÚNICA E CUBERTA CON  "PALLA"
Fíxate como a túnica vai recollida cunha cinta debaixo do peito e a cintura





Se queres ter unha visión máis completa bota un vistazo a este video.





Como ves hai moitos tipos. Por se vos animades, aqui deixo algúns patróns sacados das imaxes de google.









sábado, 19 de enero de 2013

OS ALUMNOS INVESTIGAN

Despois de botar un vistazo na sesión de informátca e aproveitar os libros sobre os romanos que van chegando á aula algúns xa empezan a aprender a algunhas cousas.
Ainara e Nuria nos falan sobre a educación dos nenos e nenas romanos.






Sabes por que O Coliseo recibe ese nome?

Edu aprendeu algo sobre os gladiadores.

Alex está mais interesado en explicarnos como estaba orbanizado o exército.