OS SERES VIVOS

Os seres vivos recien tamén o nome de organismos. Posúen unha serie de características que os distinguen dos demáis seres que denominamos, inertes.
Esas características son:

  • Nacen.
  • Aliméntanse.
  • Medran..
  • Relaciónanse.
  • Reprodúcense.
  • Morren.
Son seres vivos as persoas , os animais, as plantas...
As rochas, o aire, o vento son seres inertes, porqeu non posúen as caracteristicas anteriores.

Funcións Vitais.
Chamamos así aos procesos que todo ser vivo ten que realizar para se manter con vida.
  • Nutrición.
  • Relación.
  • Reprodución.
A función de nutrición.
É o proceso polo que os seres vivos toman alimentos, os aproveitan e expulsan as substancias de refugallo que se producen.Os alimentos conteñen nutrintes, que son as substrancias que os seres vivos empregan para medrar e conseguir a enerxía necesaria para realizar o resto das funcións vitais.
A función de relación.
E o proceso polo que os seres vivos captan o que ocorre no seu medio e responden en consecuencia.
Grazas a esta función, os seres vivos son quen de conseguir alimentos ou fuxir do que podería ser perxudicial para eles, empregando os órganos dos sentidos para informarse do que ocorre e reaccionar(correndo, movéndose, falando...)
A función de reprodución.
É o proceso polo que os seres vivos poden dar lugar a descendentes que serán parecidos a eles.Así , os novos seres vivos suceden aos que morren.
A CÉLULA


A célula é  a parte máis pequena de que está formado un ser vivo. É ela mesma un ser vivo porque realiza as funciósn vitais de nutición, relación e reprodución.
Algúns seres vivos estan formados por unha soa célula (unicelulares) e outros por moitas células(pluricelulares).
As celulas son moi diferentes entre si, tanto no seu tamaño, como polas actividades que realizan. (células da pel, dos ósos...)
Pero en todas elas distinguimos as mesmas partes

Partes da célula
Na célula distinguimos tres partes:

  • Membrana. A cuberta que rodea a célula, separándoa do exterior.
  • Citoplasma. O espazo que dirixe o funcionamento da célula.
  • Núcleo. É quen dirixe a actividade e funcionamento da célula.


Bota un vistazo a esta páxina para repasar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario