miércoles, 13 de febrero de 2013

DISFRACES E VESTIMENTA ROMANA

Os alumnos e alumnas de 5º B aproveitaron o entroido deste ano para  disfrazarse con algunhas das vestimentas propias dos romanos e romanas  e explicarnos algunhas características destas prendas.



A TOGA






CLASES DE TOGAS



A CORAZA


O GLADIADOR TRACIO


A TUNÍCULA




Se queres ver os disfraces de cada un pulsa en FOTOS DISFRACES

martes, 12 de febrero de 2013

A EDUCACIÓN NA ANTIGA ROMA


Na Antiga Roma a familia era unha das cousas máis importantes da vida.Pero estaba totalmente xerarquizada.Ao frente situábase o pai, que era o propietario de todo o que contiña o fogar. Daba ordes, impart´`ia castigos e presidía o culto doméstico. Trasel estaba a nai que dirixia as tarefas cotiás. Vixiaba aos esclavos, tecía a lá para facer a roupa e encargábase dos nenos.
O nacemento dun fillo san sempre era motivo de ledicia. Aos poucos días de nacer o pequeno era depositado no chan ante os ollos de todos. Se o pai o levantaba significaba que o recoñecía coma propio e que se comprometía a educalo. Aos oito días se era neno ou aos nove se era nena, celebrábase unha cerimonia onde era presenado oficaialmente á familia e se lle impartío o nome. Recibía tres nomeamentos. O nome de pila, o "praenomen"; o "nomen", relativo á súa familia e o "cognomen", que se correspondía cunha característica física, un oficio, a súa procedencia ou unha rama familiar. 
Ata os seis ou sete anos recibían a educación da súa nai. A partires deste momento a tarefa pasaba a mans dun escravo liberto, dun pedagogo ou , se os medios non o permitían , da escola pública. 
Aprendían a ler, a escribir e a contar. Tamén se memorizaban as Leis das Doce Tablas e algunhas poesías. O paI debía ensinar aos seus fillos os fundamentos da cultura física, sobre todo o lanzamento de disco, a carreira , o salto, a loita, a natación e a equitacíón.O curso sempre empezaba en marzo, inda que tiñan vacacións durante a época estival. A xornada lectiva era de seis horas cun descanso ao mediodía. 
Cuando terminaban esta etapa pasaban á EDUCACIÓN MEDIA que corría a cargo dun "gramatico". Ensinaba latín, griego, historia, xeografía, lóxica, literatura, matemática e astronomía, porque  o ideal pedagóxico da escola romana estaba enfocado a conseguir a"virtus", unha mestura de piedade, sobriedade, valor e xustiza.
O seguinte paso era a EDUCACIÓN SUPERIOR impartida nas escolas dos "retores" ou retóricos. Aquí os xóvenes aprendían a arte da elocuencia que ensinaba como dirixir ás persoas segúndo a vontade do que falaba. Algo imprescindible para a vida pública xa que sen ela non podían presentarse ante o Senado, o povo ou os tribunais. A isto se engadía a iniciación ao dereito e á Administración Pública, que se adquiría escoitando os procesos dos tribunais e a asamblea dos cidadans. 
A última parte da formación era O pase polo  EXÉRCITO. Era obligatorio para poder exercer os dereitos como cidadan, como, por exemplo, emitir un voto. Ademais, se se quería acceder a algún cargo político eran necesarios 10 anos de servizo militar. De ahí que só os cidadans máis ricos poidieran acceder a ela.
O MATERIAL ESCOLAR
O mestre sentábase nuha silla con respaldo("cathedra) ou sen ela("sella), os alumnos en banquetas("subsellium"). Escribían sobre tablillas recubertas de cera con un punzón(stilus) que tiña no extremo oposto unha espátula para borrar o escrito e allanar de novo a cera. Xuntábanse varias tabletas mediante un cordón pasado por orificios practicados no borde. O conxunto de varias tablas chámase "Codex". Tamén escribían nun rollo de papiro. o "libri" cunha caña afiada("calamus") ou cunha pluma e tinta negra.

lunes, 11 de febrero de 2013

A VIVENDA ROMANA

En Roma existían tre tipos distintos de vivendas, segundo a condición social e económica. Para coñecelas aqui vos deixo unha WebQuest sobre "A Vivenda romana" que vos axudará a entendelo mellor.

Despois de botarlle un vistazo, podedes disfrutar deste video que  nos mostra unha recreación dalgunha destas vivendas.

viernes, 1 de febrero de 2013

A CIVILIZACIÓN ROMANA

ÍNDICE

  1. A VESTIMENTA
  2. A VIVENDA
  3. A EDUCACIÓN
  4. EDIFICIOS PÚBLICOS
  5. ESPECTÁCULOS
  6. O EXÉRCITO ROMANO
  7. A CONQUISTA DA PENÍNSULA IBÉRICA.
  8. OS ROMANOS EN GALICIA.

Para informarte máis a fondo de cada un dos temas, fai clik no correspondente enlace.

Iremos incorporando os enlaces a medida que os traballemos en clase.

OUTRAS WEBS INTERESANTES SOBRE ESTE TEMA
ROMANORUM VITA, UNHA HISTORIA DE ROMA
VISITA VIRTUAL ROMANORUM VITAE