jueves, 6 de diciembre de 2012

A FUNDICIÓN DOS METAIS

Neste vídeo Sergio nos explica como fabricaban as puntas de frechas ou lanzas na idade dos metais.


domingo, 2 de diciembre de 2012

WEBQUEST SOBRE OS ESPAZOS PROTEXIDOS EN GALICIA

Aqui tedes unha sinxela miniwebquest para identificar os diferentes espaxos naturais protexidos de Galicia.

Recordade que son 17.

A ver se sodes quen de completas esta ficha para cada un deles:

  • O nome do espazo protexido
  • a localización xeográfica.
  • As características de cada espazo referidas a : relvo, fauna, vexetación...


jueves, 22 de noviembre de 2012

ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA

Son territorios establecidos pola lei que pretenden favorecer a conservación da natureza, pola súa singularidade desde o punto de vista natural; ás veces mantéñense algunhas actividades humanas sen alterar o medio.
Segundo o nivel de protección existe diferentes categorias internacionais de conservación.
En Galicia temos 17  espazos naturais protexidos.


  1. PARQUE NACIONAL MARÍTIMO E TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Comprende as Illas galegas de : Cies, Ons, Cortegada e Sálvora.
Salientan a flora e a fauna mariñas.
En Cortegada existe un dos maiores bosques de loureiro de Europa.

<iframe width="420" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/qhadMA23Qg8" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>




Situado no Suroeste da provincia de Ourense.
A vexetación está formada por carballos, castiñeiros,sobreiras, madroños e piñeiros silvestres, fundamentalmente.
Na fauna salientan a vívora , o lobo , a aguia rateira, coellos, corzos e xabaris.



miércoles, 21 de noviembre de 2012

OS BOSQUES GALEGOS

De non mediar a man do home a formación vexetal típica da moair parte do territorio galego teria que ser:

  •  o bosque atlántico, constituido por árbores de folla caediza e ancha, principalmente carballos, con abondosas matogueiras.
  • nas zonas de clima mediterráneo, máis secas, os bosques de sobreiras, aciñeiras e rebolos.
O bosque galego autóctono formouse hai uns 10.000 anos, aparecendo as bidueiras, abelairas e carballos. 
Os castiñeiros foron  difundidos polos romanos hai 2000 anos, inda que xa existiran algún exemplares no noso país.
Pero desde o primeiro momento da aparición do home os bosques galegos comezan xa a súa decadencia debido á explotación intensiva dos bosques desde a Prehistoria para o desenvolvemento da agricultura e a gandería.
Na Idade Media intensifícase a explotación destes bosques para obter madeira e carbón, destrución que foi avanzando a medida que as necesidades enerxéticas e de terras para o cultivo aumentaron.
Pero foi a introdución e posterior difusión do piñeiro desde hai 200 anos e do euclaipto, hai a penas 100 anos os que provocaron  que o bosque autóctono galego qudase reducido a pequena áreas.


A pesar de todo, Galicia é a primeira reserva forestasl do Estado. As formacións máis abundantes son as plantacións de coníferas, seguidas das frondosas autótonas,os bosques mixtos e os eucaliptais.
O 75% da masa forestal está ocupada por masas artificiais.

Podemos atopar en Galicia diferentes tipos de foramcións arbóreas naturais:

As fragas son fragmentos dos bosques naturais atlánticos caracter´siticos de Galicia, que chegasron ata os nosos días cáseque se alterar. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade, faias, carbas, castiñeiross e especies de folla perenmne comom loureiros, acivbros e érvedos. As fragas máis representativas e mellor conservadas atópanse en O Courel e Ancares , e nalgunhas outras serras orientais e surorientais.

Os bosques de ribeira, tamén chamados bosques de galería son pequenas superficies arboradas que acompañan o percorridos dos ríos. En zonas cultivadas  redúcense a unha simple ringleira de árbores, pero os siuados nos canón e lugareds de dificil acceso para o home atopamos os mellor conservados. Están formados por bidueiras, freixos, abelaneiras, salgueriros, amieiras, sanguiños, sabugueiros, lamigueiros, chopos...segundo as zonas. Maneñen a liña da ribeira , regulan a temperatura e luminosidade das augas, proporcionan refuxio e alimento á fauna e actúan como filtros verdes que limitan a chegada de contaminantes á auga, ao tempo que serven de corredores ecolóxicos para as especies. As Fragas do Eume e o couto de Chelo, en Betanzos son dous bos exemplos destes bosques.