miércoles, 6 de marzo de 2013

GALLAECIA PETREA

O próximo martes, 12 de marxo, o alumnado de 5º realizarán unha visita didáctica á exposición  "Gallaecia Petrea" na Cidade da Cultura. Esta exposición, única, que reune as obras máis significativas realizadas en pedra en Gallaecia, nome que os romanos deron ás terras correspondentes ao territorio que actualmente ocupa a nosa comunidade e as terras que limitan co Douro(Norte de Portugal) e o Navia(en terras asturianas)un territorio marcado pola presencia da pedra e que nos servirá para completar o estudo dos temas de historia deste curso(Prehistoria, Idade Antiga e Idade Media). Unha exposición que recomendamos ás familias e á que podedes acceder virtualmente clicando no enlace.

Guerrero Galaico do século I


No hay comentarios:

Publicar un comentario