martes, 19 de marzo de 2013

ARTROPODOS


Son o grupo de animáis máis extenso(representan o 80% dos animais). Na lámina superior podes ver diferentes artrópodos. Observarás grandes diferencias entre eles, pero imos comezar coas características comúns a todo eles.
Características:

  • Corpò cuberto por unhas substancia dura pero lixeira formando un esqueleto externo(exoesqueleto) que sosten o corpo e o protexe.
  • diferenciación en partes articuladas, é dicir, que se poden mover 
  • Posúen varias patas e apéndices articulados na cabeza( antenas) e ao redor da boca(mandíbulas).

Agora imos ver as diferencias entre eles. Clasifícanse en catro grupos.

Clasificación de artrópodos:
    • Crustáceos.
    • Arácnidos.
    • Miriápodos.
    • Inxectos.
Para apreciar as principais diferencias entre elas e coñecer algunhas curiosidades podes botar un vistazo a este vídeo ou entrar nesta páxina sobre os artrópodos.


OS MOLUSCOS

Son animais invertebrados de copo brando, sen patas e cubertos por unha pel húmida. A maioria posúen unha cuberta exterior dura, chamada cuncha, formada por unha substancia mineral.
A maioría dos moluscos viven na auga, inda que algún tamén o fan en terra firme, como os caracois terretres e as lesmas.

Os moluscos clasifícanse en tres grupos:

  • Gasterópodos.
  • Bivalvos.
  • Cefalópodos.


martes, 12 de marzo de 2013

VISITA A SANTIAGO

O martes, 12 de marzo as alumnas e alumnos de 5º e os seus titores visitaron a exposición GALLAECIA PETREAE na Cidade da Cultura, no monte Gaiás, en   Santiago.
Aqui deixamos algunhas fotos e máis adiante inormaremos con máis detalle.













miércoles, 6 de marzo de 2013

GALLAECIA PETREA

O próximo martes, 12 de marxo, o alumnado de 5º realizarán unha visita didáctica á exposición  "Gallaecia Petrea" na Cidade da Cultura. Esta exposición, única, que reune as obras máis significativas realizadas en pedra en Gallaecia, nome que os romanos deron ás terras correspondentes ao territorio que actualmente ocupa a nosa comunidade e as terras que limitan co Douro(Norte de Portugal) e o Navia(en terras asturianas)un territorio marcado pola presencia da pedra e que nos servirá para completar o estudo dos temas de historia deste curso(Prehistoria, Idade Antiga e Idade Media). Unha exposición que recomendamos ás familias e á que podedes acceder virtualmente clicando no enlace.

Guerrero Galaico do século I


martes, 5 de marzo de 2013

BACTERIAS E VIRUS

BACTERIAS E VIRUS

As bacterias son microorganismos unicelulares. A diferencia doutras células, as bacterias non teñen núcleo definido, nin presentar orgánulos. Xeralmente posúen unha parede celular e son móbiles
As bacterias poden ser beneficiosas ou perxudiciais. 
Bacterias beneficiosas.
 podemos afirmar que son imprescindibles para a reciclaxe dos elementos. Na industria, as bacterias son importantes no proceso de tratamento de augas residuais, ou na producción de: manteiga, queixo, vinagre, iogur, etc asi ncomo na fabricación de medicamentos e outros productos químicos.
Bacterias perxudiciais.
Non todas as bacterias teñen efectos positivos. Algunhas bacterias poden causar enfermidades infecciosas: cólera, difteria, escarlatina, lepra,tifus ou tuberculose. Para tratar as infeccións producidas por estas bacterias empréganse os antibióticos. Estes inhiben a formación da parede celular ou detteñen oturso procesos do seu ciclo de vida. Tamén se empregan na agricultura e na gandaría, o que ocasiona que se estea xeralizando a resistencia das bacterias aos antibióticos.

Bacteria da tuberculose


Os virus son mási pequenos que unha célula. Non se alimentan nin se moven pero pódense reproducir. Son parásitos; é dicir,  necesitan dun ser vivo para sobrevivir. Trñatase de microorganismos infecciosos que non son visibles no miciroscopio normal. Son parásitos de plantas, animais e mesmo bacterias. So poden multipllicarse dentro das células de outros organismos.
A varicela, o sarampión ou a hepatite B son producidos por virus.