Aqui iremos creando diferentes webquest sobre os temas de coñecemento do medio que nos poden axudar a sacar adiante os proxectos de aula para facilitar a busca de información na rede. En canto lles atopedes o truco veredes que facil é buscar respostas...
A VESTIMENTA NO PALEOLÍTICO
http://phpwebquest.org/newphp/miniquest/soporte_tablon_m.php?id_actividad=24951&id_pagina=1
CAZADORES-RECOLECTORES NO PALEOLÍTICO
http://phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_mondrian_w.php?id_actividad=24502&id_pagina=1
A VIVENDA NO PALEOLÍTICO
http://www.webquest.es/webquest/vivenda-no-paleolitico
Páginas
- PORTADA
- LINGUAS
- A PREHISTORIA
- A PREHISTORIA EN CAMBRE
- A CULTURA CASTREXA
- OS ROMANOS
- MAPAS
- T.1RELEVO E RÍOS DE GALICIA
- T.2 CLIMA, VEXETACIÓN E FAUNA DE GALICIA.OS ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA
- T3.POBOACIÓN E ECONOMÍA DE GALICIA
- WEBQUEST
- OS SERES VIVOS
- T.9 OS SERES VIVOS
- T.10 OS ANIMAIS
- IDADE MEDIA
- A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS
viernes, 26 de octubre de 2012
martes, 23 de octubre de 2012
A IDADE DA PEDRA LASCADA
Comprende o Paleolítico ,
Epipaleolítico e Mesolítico, desenvólvese dende
a aparición dos primeiros homínidos e remata no 5.000
a.C. Foi un período de grandes cambios climáticos que
provocaron cambios na paisaxe e na fauna, a través desta época
o home tamén foi cambiando ata conseguir as súas
caracteristicas físicas actuais. A poboación
era nómade e alimentábase da caza, da pesca e da
recolleita. Vivían en covas, ao pe de abrigos, e en tendas que
montaban en lugares próximos aos recursos dos que se
abastecían. Todas as súas ferramentas estaban feitas de
pedra, óso ou madeira. Co tempo o conxunto de útiles
vaise facendo máis diverso, e responde a necesidades máis
específicas e complexas. Nesta época danse os primeiros
enterramentos e as manifestacións artísticas. Tanto
engalanaban as covas e acubillos como se adornaban eles mesmos.
O PALEOLÍTICO INFERIOR
Iníciase coa aparición dos
primeiros utensilios feitos en pedra polo Homo habilis
hai dous millóns e medio de anos en África. Non sabían
falar, nin como facer lume, habitaban ao aire libre e eran nómades.
Medio millon de anos despois o Homo
ergaster vai poboando Europa e comeza a facer instrumentos máis
evolucionados.
Hai un millón de anos, o homo
heidelbergensis introducirá grandes cambios:
de refuxiará en covas e farán
as primeiras chozas, perfeccionarán os insgrumentos de pedra,
facendo utenesilios especializados para diferentes usos e cada vez
máis eficaces. Xa sabían facer lume que utilizaban para
quentarse e cociñar, e tame´n traballaban o coiro para
confecccionar vestimentas e refuxios como tendas, utlizaria algun
sistema de comunicación oral.
Dominaban o lume e vivían da
recolleita e da caza, pero dunha caza non planificada.
O PALEOLÍTICO MEDIO
Comeza cando os
nosos máis antigos antepasados confeccionan os primeiros
utensilios e remata cando se converten en labregos, pasados varios
millóns de anos.
Vivían da
caza, da pesca e da recolleita de froitos e raíces.
Vestíanse
con peles e coiros e refuxiábanse en covas ou baixo as penas
en acubillos, tamén facían tendas de peles e chozas con
ramas no exterior.
Dependían
totalmente dos animais para a súa supervivencia polo que os
seguían nas súas migracións ao longo do ano.
Por iso eran nómades.
Utensilios
Empregaban pedras
para confeccionar instrumentos e elaborar obxectos de madeira e de
óso, pero non todas as pedras servían;tiñan que
ser pedras de gran dureza e qe3u partían como o vidro, facendo
cunchas. Gopeaban unha pedra contra outra e extraían así
esas cunchas(lascas) e confeccionaban os instrumentos cortantes. A
esta técnica denomínaselle talla ou lascado . En
Galicia empregaban o perdernal, cristal de rocha, seixo e cuarcita
segundo os distintos lugares próximos aos lugares de
asentamento.
A vivenda.
A necesidade de
abrigo frente ás inclemencias do tempo xorde só cando a
necesidade fundamental de alimentación está cuberta.
Inicialkmente durmían ao aire libre. Co paso do tempo
construiron as primeiras vivendas, chozas feitas con pólas e
tronco ás beiras dos ríos ou do mar. Cando o clima
arrefriuou habitáronse as covas que foron acondicionadas con
estruturas de pólas e coiro para combater as correntes de
aire. Tamén buscaron reufio en acubillos baixo rocha,
coñecidos como abrigos , os que arranxaban cunha especie de
corta vento feito de paos, ramallos ou coiro. Ademais construiron
tendas con varas e coiro facillmente trasportables.
En Galicia todos
os xacementos coñeceidos do Paleolítico Inferior e
medio desenvolvense ao aire libre, ao que implica o emprego de chozas
; no Paleolítico siupeior a meirande parte das ocupacións
correspondense con acubillos baixo rocha, nos que se deberon montar
cortaventos, inda que tamán coñecese da existencia de
campamentos de tendas e algunhas covas habitadas nestes momentos.
O PALEOLÍTICO SUPERIOR
Comeza hai uns 40.000 anos coa
aparición do Home de Cromañón que convivirá
inicialmente co Home de Neandertal. Cada un deles producirá
manifestacións culturais diferenciadas. A población
expándese por todo o mundo xurdindo diferencias anatómicas
que producirán os rasgos raciais distintivos.
Esta etapa, na súa meirande
parte desenvólvese en fases climáticas de frio moi
intenso polo qaue a povoación terá que a comodar os
interiores das covas e acubillos.
A súa vestimenta tamén se
fai máis complexa, con pnatalós, capuchas e guantes
para protegerse do frio.
O sustento principal segue sendo a
caza, pero de forma máis planificada, incluindo animais de
gran tamaño como reno, mamuts, bisonte, cervo e uros(bóxidos
salvaxes) utilizando técnicas de caza com o acecho e a
escorrentada cotnra barrancos. Non teñen arco. As lanzas con
puntas de pedra ou oso eran tiradas cun propulsor para cegar máis
lonxe con máis forza.
Os instrumentos de pedra redúcense
en tamaño e finalidade máis específica. Aparece
unha nova técnica de talla, os instrumentos terán usos
específicos e gran variabilidade nas súas formas(burís,
raspadeiras…). Ademais desenvólvese a INDUSTRIA ÓSEA
proporcionando agullas de coser con ollo, anzois, puntas de
proyectil(azagayas) arpóns e outros utensilios.
É a época da Arte
prehistórica: paredes e teitos de covas e abrigos presentan
pinturas con representación de animais en diferentes
actitudes. Tamén realizan colgantes e abalorios, así
como gravados e esculturas humanas e de animais realizadas en arxila
ou pedra.
En Galicia localízanse 6
xacementos dester período na Terra Cha. Son acubillos baixo
aleiros de cuarcita ou pedra de gran correspondentes á época
magdaleniense. O xacemento mási importante é o de PENA
GRANDE (13000ac). No tempo NO que foi habitada documéntase
unha paisaxe mixta: bosques de carballos, castiñeiros e
bidueiros nas zonas máis protexidas, e paisaxes abertas de
uces nas zonas máis protexidas, e paisaxes abertas de uces nas
zonas altas e menos resgardadas dos fríos e ventos.
domingo, 21 de octubre de 2012
O MIÑO
É o río máis grande e caudaloso de Galicia a pesar de todos os encoros que aproveitan as súas augas. Cruza de esquina a esquina o noso país .
VISITA A VILALBA
O pasado venres 19 de outubro os dous grupos de 5º do colexio, acompañados dos seus titores Teresa e Enrique, realizaron unha visita ao Mueso Arqueolóxico de Vilalba . Esta visita tiña como finalidade coñecer un pouco mellor a nosa historia -nesta caso a nosa Prehistoria-e situala en lugares cercanos a nos.
Durante este primeiro trimestre os alumnos de 5º traballarán diferentes aspectos da Prehistoria de Galicia, e realizarán diferentes traballos en equipo que iremos situando no andar anexo a 5ºA . Neste blog de aula iremos poñendo información pormenorizada destas actividades e suxeriremos outras posibles visitas que podedes realizar en familia. Botade unha ollada á paxina sobre A PREHISTORIA EN CAMBRE .
Nesta visita puidemos ver e tocar utensilios realizados no Paleolítico e Neolítico e inda nos deron un curso intensivo de como facían os nosos antepasados estas ferramentas. Agora entendemos porque lle chaman a IDADE DA PEDRA LASCADA.
Logo de ver un video e visitar a exposición tomamos forzas comendo un pouco e nos diriximos no autobus a visitar unha "pedra fita" que é como se chaman os menhires en Galicia. Este lle chamaban Pedrachantada .
O director do museo explicounos que os lugares onde se situaban estas pedrafitas , anos despois situarianse os "cruceiros"
Pero o que máis nos gustou foi a Penagrande unha rocha enorme que estivo habitada no Paleolítico Superior por un grupo de cazadores-recolectores durante moito tempo. Desde alí podían divisar moi ben todo.
Agora toca reflexionar sobre todo isto para o traballo que temos que facer.
Durante este primeiro trimestre os alumnos de 5º traballarán diferentes aspectos da Prehistoria de Galicia, e realizarán diferentes traballos en equipo que iremos situando no andar anexo a 5ºA . Neste blog de aula iremos poñendo información pormenorizada destas actividades e suxeriremos outras posibles visitas que podedes realizar en familia. Botade unha ollada á paxina sobre A PREHISTORIA EN CAMBRE .
Nesta visita puidemos ver e tocar utensilios realizados no Paleolítico e Neolítico e inda nos deron un curso intensivo de como facían os nosos antepasados estas ferramentas. Agora entendemos porque lle chaman a IDADE DA PEDRA LASCADA.
Logo de ver un video e visitar a exposición tomamos forzas comendo un pouco e nos diriximos no autobus a visitar unha "pedra fita" que é como se chaman os menhires en Galicia. Este lle chamaban Pedrachantada .
O director do museo explicounos que os lugares onde se situaban estas pedrafitas , anos despois situarianse os "cruceiros"
Pero o que máis nos gustou foi a Penagrande unha rocha enorme que estivo habitada no Paleolítico Superior por un grupo de cazadores-recolectores durante moito tempo. Desde alí podían divisar moi ben todo.
Agora toca reflexionar sobre todo isto para o traballo que temos que facer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)