martes, 2 de abril de 2013

martes, 19 de marzo de 2013

ARTROPODOS


Son o grupo de animáis máis extenso(representan o 80% dos animais). Na lámina superior podes ver diferentes artrópodos. Observarás grandes diferencias entre eles, pero imos comezar coas características comúns a todo eles.
Características:

  • Corpò cuberto por unhas substancia dura pero lixeira formando un esqueleto externo(exoesqueleto) que sosten o corpo e o protexe.
  • diferenciación en partes articuladas, é dicir, que se poden mover 
  • Posúen varias patas e apéndices articulados na cabeza( antenas) e ao redor da boca(mandíbulas).

Agora imos ver as diferencias entre eles. Clasifícanse en catro grupos.

Clasificación de artrópodos:
    • Crustáceos.
    • Arácnidos.
    • Miriápodos.
    • Inxectos.
Para apreciar as principais diferencias entre elas e coñecer algunhas curiosidades podes botar un vistazo a este vídeo ou entrar nesta páxina sobre os artrópodos.


OS MOLUSCOS

Son animais invertebrados de copo brando, sen patas e cubertos por unha pel húmida. A maioria posúen unha cuberta exterior dura, chamada cuncha, formada por unha substancia mineral.
A maioría dos moluscos viven na auga, inda que algún tamén o fan en terra firme, como os caracois terretres e as lesmas.

Os moluscos clasifícanse en tres grupos:

  • Gasterópodos.
  • Bivalvos.
  • Cefalópodos.


martes, 12 de marzo de 2013

VISITA A SANTIAGO

O martes, 12 de marzo as alumnas e alumnos de 5º e os seus titores visitaron a exposición GALLAECIA PETREAE na Cidade da Cultura, no monte Gaiás, en   Santiago.
Aqui deixamos algunhas fotos e máis adiante inormaremos con máis detalle.