viernes, 21 de septiembre de 2012

A EVOLUCIÓN DO HOME


Neste video podedes ver nuns minutos o que foi a evolución dos homínidos durante dous millóns de anos ata chegar ao que agora somos...






miércoles, 19 de septiembre de 2012

A PREHISTORIA NO CONCELLO DE CAMBRE

No Neolítico ou Idade da pedra puída os antigos cambreses deixaron mostras claras da súa presencia.
Esta época é a da cosntrución de dólmenes.
En Galicia os dólmenes reciben diferentes nomes- medoña, medorra, anta, mámoa, segundo se refira  ás pedras que forman a estructura ou ao conxunto funerario. Cando falemos de "anta" estarémonos a referir áo espacio interno, a chamada cámara. O termo "mámoa" refírese ao túmulo, ne dicir, ao conxunto formado polas pedras e terra que o cubren e esconden no seu interior  unha cámara foormada por grandes pedras.
  No concello consérvanse mámoas (montículos de terra que soterran un dolmen co correspondente enterramento) en Santa María de Vigo e unha necrópole megalíttica entre os concellos de Cambre, Carral e Culleredo.
Existe tamén un posible MENHIR ou pedrafita que marca os límites entre catro parroquias, o chamado Marco da Fonte Salgueiras, en Altamira.


imaxe obtida do blog de Ramon Boga (http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/05/marco-de-fonte-salgueiras-carral-cambre.html)

Existen documentos da época medieval no que se recollen datos sobre mámoas e dólmenes existentes no concello nos Montes da Pega e na parroquia de Brexo.


IDADE DO BRONCE ATLÁNTICO

Arredor do ano 2500 a.de C o home comeza a descubrir os metais.
No Museo Arqueolóxico de Santo Antón consérvase unha espada atopada no rio Mero.
O home emprega os metais non so para a actividade bélica, senon para a actividade económica , o que supón un importante avance.

A este periodo corresponden tamén os PETROGLIFOS da  Pena da Nosa Señora os do Castro de Sigrás ou os de Gosende. Os motivos que aparecen neles son esquemáticos(coviñas, liñas, formas de cruz...) o que fai que sexan dificiles de interpretar.

IDADE DE FERRO

É neste período final da Prehistoria cando podemos falar dunha organización social máis complexa e organizada: a cultura castrexa . Os cambreses desta época vivían en “castros” dos que dan testemuña os nove existentes na actualidade: Sigrás, Cambre, Armental, Pravio, Meixigo, Gosende , Vigo e Frais(en Cecebre).


RECONSTRUCIÓN DO CASTRO DE ARMENTAL

Estes castros están situados en outeiros(zonas altas). Nas abas destes outeiros sitúanse os foxos e parapetos de carácter defensivo. A zona máis alta, denominada “croa”  acollía un espazo plano rodeaado por murallas de pedra e terra en suxo interior se construían as vivendas que nesta época tiñan forma circular e eran de pequeño tamaño. Ademais aí situaban tamen os almacéns, fornos, fontes ou alxibes para recoller e aproveitar as augas da chuvia. Nalgúns aparecen ruas moi rudimentarias. A situación dos castros en zonas tan elevadas e a complexidade da súa construción implican unha especialización no traballo e un claro reparto de tarefas.
Trataríase dunha sociedade altamente xerarquizada onde o papel da muller aparecería como o soporte da economía doméstica, partifipando e organizando as tarefas agrícolas, recollida de froitos, sementes e confección da roupa.
Atopáronse restos relacionados coa vestimenta propia dos seus habitantes e as técnicas para a a súa elaboración: teas de liño feitas en teares verticais, fusrolas de  barro para os fusos, epsas para suxeitar os fíos...A vestimenta dos habitantes destes castros incluia saio de liño e capa de la,calzaban, tanto homes como mulleres, botas de medio cano , altas, feitas de coiro e reforzadas con palla. e sabemos que gustaban moito dos adornos, tanto para mulleres como para homes, como se evidencia pola cantidade de alfaias e xoias conservados en numerosos castros.


Tamén muíños de man, o que nos indica unha economía baseada na agricultura
VISITA MUSEO VIRTUAL DE LA CULTURA CASTREXA     : http://www.muvicc.es/
CASTRO DE TARAMUNDI
VESTIMENTA GUERREIRO CASTREXO